miércoles, 19 de diciembre de 2007

Exame de TEE



Vou describir esta muller. É unha muller co cabelo loiro e as raíces negras, os seus ollos son escuros e pequenos, o nariz alongado e achatado, a boca pequena e sensual.
A face é redonda e alongada pola queixo.
O seu tronco é delgado e ben feito, ten os peitos pequenos. Os brazos son pequeno e delgados, a cor da pel, moi morena.
Agora vou describir a vestimenta.
Leva un bikini, a parte de arriba ten forma de triángulo, a parte de abaixo é un tanga cunha cinta moi fina e delgada que rodea a cintura.
O bikini é de cor branca. No pulso ten varias pulseiras de colores.
E por último vou describir o seu carácter.
É unha muller amable e graciosa, ten un sonriso moi grande, sempre bromea coa xente.
Ademis é unha muller pacífica e tranquila e gústalle axudar a xente.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Aula nova:

Ola;
vou falar sobre a aula nova.
É unha aula de informática con 14 ordenadores.
A primeira impresión foi de alegría, por que é unha clase moi agradable, grande, e cálida.
Gústame máis esta aula que a outra. Nesta hai un ordenador para cada un. Esta clase tráeme recordos dos alumnos que estaban antes aquí, porque eran compañeiros que eu coñecia.
Bueno esto e todo, a ver se non cambia moito.
xao

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Quérote:

Ola amigos, hoxe falarei dunha charla que escotei onte nas dúas últimas horas de clase.
A charla tratou da sexualidade. a persoa que veu darnos a charla chámase Noa, traballa en Santiago de Compostela nunha asociación quérote.
Onte falounos de que temos sexualidade dende que nacemos ata que morremos, porque un bebé necesita que o biquen....
Tamén nos ensinou como poñer un preservativo, e os riscos que ten manter unha relación sexual sen preservativo e regalounos un a cada un.
Bueno todo isto foi todo.
chao.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Presentación:

Ola: chámome Jonatan. Vou falar un pouco sobre mín. Teño 18 anos, o cabelo tinguido de cor laranxa, ollos marróns, nariz alongado e a boca pequena.Teño unha altura de 1,69m, e peso 80kg.
Gústame o deporte en xeral, as pelis de medo e risa, todo o que é bollería, e por suposto, todo o doce.
Non me gusta que me riñan, que me castiguen, ou que manden en mín. Nacín en Barcelona, pero hai 5 anos que vivo en Chantada.
Gustaríame falar sobre todo tipo de deportes. e intentarei escribir un blog sobre deportes se me deixa a miña profesora. Este blog fareino na clase de técnicas de expresión escrita. Por favor non poñades tacos.
Bueno todo isto e todo chao...

miércoles, 24 de octubre de 2007

benvidos

Ola, chamome Jonatan e vou escribir un blog sobre deportes. Iste blog o farei na clase de técnicas de expresión escrita. Por favor non poñades tacos.
Bueno vou falar un pouco sobre min:
chamome jonatan teño 18 anos, nacín en Barcelona, pero fai 5 anos que vivo en chantada. Apartir de agora falaremos sobretodo tipos de deportes.