martes, 25 de marzo de 2008

Segunda evaluación

Wenassssss.... Imos falar sobre a segunda avaliación. A min pareceume unha avaliación máis fácil ca primeira, aínda que tivemos traballo porque tivemos que facer un cómic en grupo; esa foi a nota da materia.
Nesta avaliación pasada aprendín a facer un cómic, foi moi divertido e entretido. Oxalá que na seguinte avaliación sexa igual que a segunda. Bo e coa nota que levei estou moi contento, a ver se na seguinte quito un 10 jejeje..
XAO.

martes, 11 de marzo de 2008

O mago de Merlín

MERLÍN

Merlín foi un mago galés que se cre que viviu a finais do século VI, e unha das figuras centrais do ciclo artúrico. É o mago máis famoso da historia europea, e inspirador de moitos magos da literatura universal.
Hai moitos anos, cando Inglaterra non era máis que un puñado de reinos que batallaban entre si, viño ao mundo Arturo, fillo do rei Uther. A nai do neno morreu ao pouco de nacer este, e o pai entregoullo ao mago Merlín co fin de que o educase. O mago Merlín decidiu levar ao pequeno ao castelo dun nobre, quen, ademais, tiña un fillo de pouca idade chamado Kay. Para garantir a seguridade do príncipe Arturo, Merlín non descubriu as súas orixes. Cada día Merlín explicaba ao pequeno Arturo todas as ciencias coñecidas e, como era meigo, ata lle ensinaba algunhas cousas das ciencias do futuro e certas fórmulas máxicas...