jueves, 29 de mayo de 2008

Examen: a casa encantada



Onte pola tarde estaba cos meus amigos na aldea cando sentimos un ruído estremecedor. Viña dunha casa vella e solitaria, tratábase da casa encantada. O primeiro en entrar na casa fun eu, e despois os demais. A casa estaba chea de sangue, e cun cheiro repugnante. No chan había unhas pegadas que levaban ata unha habitación. Nela había unha muller morta na cama.Ela era nova, tiña o pelo loiro, a cara pálida e fría, e os seus ollos marróns. Tratábase da señora Susana, a veciña miña. Seguramente morreu loitando co asasino, porque tiña un carácter bastante forte, non se rendía por nada, e sempre loitaba por todo, pero esta vez non puido loitar máis. Ao cabo dun tempo viñeron os policías e a ambulancia. Un dos policías fíxonos preguntas, mentres que os do samur intentaban subir o cadáver a ambulancia. Finalmente levárona, e os policías fóronse. Eles estiveron investigando durante días pero non encontraron nada. Ao cabo dun mes encontraron un pelo do asasino, e foron directamente ao seu domicilio, pero el era máis listo que eles, e non estaba na casa.Decidiron deixar o caso para a brigada Británica, porque eles non o atopabanPero o mellor de esta historia é que eu son o asasino, jejejeje.

martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesía

Ola a todos e todas nesta entrada vou contar o que fixen onte pola tarde.
Onte pola tarde fún ao salón de actos, alí dentro había varios postos dedicados á poesía. Eses postos eran como xogos, eu participei en case todos. Fixéronos os de bacherelato.
Na tarima había dous postos, o primeiro o levavan tres rapazas, o obxetivo da proba era ler un mural cheo de poemas e había que poñer unas fotografías relacionadas co poema.
No posto do lado consistía en relacionar as fotos co relato, e se acertabas xogabas un rato a wii.
Despois abaixo había máis postos. No posto de Figueiras o obxectivo era ler un poema e responder unha pregunta e se acertabas tiñas tres dardos para lanzar aos globos, o problema e que os dardos non tiñan punta. Logo tamén está o posto de Diego Rizo, no que había que ver unha proxección e reponder unhas preguntas. E xa non sei nada máis, iso e todo amigos.

martes, 13 de mayo de 2008

Relato pequeno




Wenas a todos e a todas vouvos contar unha historia moi curta.




Onte fun en coche e atopei 5 céntimos no asento do copiloto. Cos 5 céntimos completei o que me faltaba para os 120 euros, e comprei un can e un cabalo de mar.