martes, 17 de junio de 2008

texto sen s


Encóntrome nunha illa no medio da nada. naufragei no Océano Pacífico. O barco recibe o nome de Hugtreamia. na illa teño unha botella onde vou introducir a carta que relato. No barco tamén había un home maior, que non volvín ver.

Por favor veñan pronto non aguantarei moito tempo, non teño ni comida nin auga.

jonatan.

jueves, 29 de mayo de 2008

Examen: a casa encantada



Onte pola tarde estaba cos meus amigos na aldea cando sentimos un ruído estremecedor. Viña dunha casa vella e solitaria, tratábase da casa encantada. O primeiro en entrar na casa fun eu, e despois os demais. A casa estaba chea de sangue, e cun cheiro repugnante. No chan había unhas pegadas que levaban ata unha habitación. Nela había unha muller morta na cama.Ela era nova, tiña o pelo loiro, a cara pálida e fría, e os seus ollos marróns. Tratábase da señora Susana, a veciña miña. Seguramente morreu loitando co asasino, porque tiña un carácter bastante forte, non se rendía por nada, e sempre loitaba por todo, pero esta vez non puido loitar máis. Ao cabo dun tempo viñeron os policías e a ambulancia. Un dos policías fíxonos preguntas, mentres que os do samur intentaban subir o cadáver a ambulancia. Finalmente levárona, e os policías fóronse. Eles estiveron investigando durante días pero non encontraron nada. Ao cabo dun mes encontraron un pelo do asasino, e foron directamente ao seu domicilio, pero el era máis listo que eles, e non estaba na casa.Decidiron deixar o caso para a brigada Británica, porque eles non o atopabanPero o mellor de esta historia é que eu son o asasino, jejejeje.

martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesía

Ola a todos e todas nesta entrada vou contar o que fixen onte pola tarde.
Onte pola tarde fún ao salón de actos, alí dentro había varios postos dedicados á poesía. Eses postos eran como xogos, eu participei en case todos. Fixéronos os de bacherelato.
Na tarima había dous postos, o primeiro o levavan tres rapazas, o obxetivo da proba era ler un mural cheo de poemas e había que poñer unas fotografías relacionadas co poema.
No posto do lado consistía en relacionar as fotos co relato, e se acertabas xogabas un rato a wii.
Despois abaixo había máis postos. No posto de Figueiras o obxectivo era ler un poema e responder unha pregunta e se acertabas tiñas tres dardos para lanzar aos globos, o problema e que os dardos non tiñan punta. Logo tamén está o posto de Diego Rizo, no que había que ver unha proxección e reponder unhas preguntas. E xa non sei nada máis, iso e todo amigos.

martes, 13 de mayo de 2008

Relato pequeno




Wenas a todos e a todas vouvos contar unha historia moi curta.




Onte fun en coche e atopei 5 céntimos no asento do copiloto. Cos 5 céntimos completei o que me faltaba para os 120 euros, e comprei un can e un cabalo de mar.

martes, 22 de abril de 2008

Monólogo interior


Ola a todos/as, nesta entrada publicarei un monólogo interior alá vou.

Mañá teño o exame de mates? non sei nada, ou si?
¿que entraba? ah! si, o tema 2. Serei tonta. Non é mañá que é pasadomañana. Esta tarde xoga o depor e o celta. Se gaña o depor acertarei a quiniela e serei rica. Pero se gaña o celta, será campeón da liga. Xa, pero non poderei ver o partido porque teño que ir á casa da miña tía.

Aínda que se termino pronto podo ver a segunda metade. Pero tamén teño que facerlle a compra á miña nai, entón non o poderei ver.




martes, 25 de marzo de 2008

Segunda evaluación

Wenassssss.... Imos falar sobre a segunda avaliación. A min pareceume unha avaliación máis fácil ca primeira, aínda que tivemos traballo porque tivemos que facer un cómic en grupo; esa foi a nota da materia.
Nesta avaliación pasada aprendín a facer un cómic, foi moi divertido e entretido. Oxalá que na seguinte avaliación sexa igual que a segunda. Bo e coa nota que levei estou moi contento, a ver se na seguinte quito un 10 jejeje..
XAO.

martes, 11 de marzo de 2008

O mago de Merlín

MERLÍN

Merlín foi un mago galés que se cre que viviu a finais do século VI, e unha das figuras centrais do ciclo artúrico. É o mago máis famoso da historia europea, e inspirador de moitos magos da literatura universal.
Hai moitos anos, cando Inglaterra non era máis que un puñado de reinos que batallaban entre si, viño ao mundo Arturo, fillo do rei Uther. A nai do neno morreu ao pouco de nacer este, e o pai entregoullo ao mago Merlín co fin de que o educase. O mago Merlín decidiu levar ao pequeno ao castelo dun nobre, quen, ademais, tiña un fillo de pouca idade chamado Kay. Para garantir a seguridade do príncipe Arturo, Merlín non descubriu as súas orixes. Cada día Merlín explicaba ao pequeno Arturo todas as ciencias coñecidas e, como era meigo, ata lle ensinaba algunhas cousas das ciencias do futuro e certas fórmulas máxicas...

jueves, 21 de febrero de 2008

o cómic

O cómic trata dun neno que soña con zombies. O rapaz convértese en zombie, ás persoas vaille trasmitindo a enfermidade mediante a morte. Os pais do neno traballan nunha tortilleria, onde fan de todo aparte de tortillas. O rapaz coñece a unha vagabunda no parque da súa vila, e ela axúdao coa enfermedade que ten, ao final a vagabunda encontra unha solución para el.
A vagabunda fabricou unha inyección na cal conten un líquido que cura ese mal, e así foi, ela lle puxo a inyección e o rapaz deulle ás grazas. colorin colorado este conto se a acabado.
A min gustoume este cómic, porque o ixemos en grupos e o meu grupo tranballamos todos moito
e duro. Ademáis gústame facer traballos en grupos.