jueves, 29 de mayo de 2008

Examen: a casa encantada



Onte pola tarde estaba cos meus amigos na aldea cando sentimos un ruído estremecedor. Viña dunha casa vella e solitaria, tratábase da casa encantada. O primeiro en entrar na casa fun eu, e despois os demais. A casa estaba chea de sangue, e cun cheiro repugnante. No chan había unhas pegadas que levaban ata unha habitación. Nela había unha muller morta na cama.Ela era nova, tiña o pelo loiro, a cara pálida e fría, e os seus ollos marróns. Tratábase da señora Susana, a veciña miña. Seguramente morreu loitando co asasino, porque tiña un carácter bastante forte, non se rendía por nada, e sempre loitaba por todo, pero esta vez non puido loitar máis. Ao cabo dun tempo viñeron os policías e a ambulancia. Un dos policías fíxonos preguntas, mentres que os do samur intentaban subir o cadáver a ambulancia. Finalmente levárona, e os policías fóronse. Eles estiveron investigando durante días pero non encontraron nada. Ao cabo dun mes encontraron un pelo do asasino, e foron directamente ao seu domicilio, pero el era máis listo que eles, e non estaba na casa.Decidiron deixar o caso para a brigada Británica, porque eles non o atopabanPero o mellor de esta historia é que eu son o asasino, jejejeje.

14 comentarios:

xenevra dijo...

- Tes que pasarlle o corrector ortográfico.

- O final é sorprendente; moi bo. Pero revisa as repeticións ;)

- Lembra que tes que xustificar o texto

Anónimo dijo...

Que pasa artista a enrada esta ben

¡NOTINGANPRISA! dijo...

weno weno menos fumes asasino jajajaja esta moi ben a historia eh sisi eña sorte

sr. rodriguez dijo...

Ola. A historia é boa. ¡Que valente eres entrando de primeiro! jeje.
Saúdos

adrián dijo...

ola, a historia esta ben, haber se aprobas.un saudo.

o home do saco dijo...

Ola góstame moito a túa entrada sobre todo o final.

olaya dijo...

ola a historia está moi ben e é moi enteresante.
un saúdo

Mónica dijo...

Ola a entrada está ben. A casa e moi bonita. A ver se aprovas técnicas.

libertad dijo...

ola a historia está ben, aínda que me da algo de escalofrios

o home do saco dijo...

Ola góstame moito a túa entrada sobre todo o final. Pois xa que logo ten moito coidado coa brigada británica que son moi falsos jajaj

sr. rodriguez dijo...

Ola.
A descrición de Susana e un pouco escasa.
A cor vermella está ben empregada para destacar o momento sanguinento da historia.
Saúdos.

maria rizo dijo...

Ola a entrada está ben. Cando veu a ambulancia o corpo xa non estaría moi ben non? Bueno do resto está ben.

adrián dijo...

ola e unha bonita historia pero pa que chamastes o samur se xa sabiades que estaba morta??non te metas a asesino que e un traballo moi duro jejeje.un saudo.

Anónimo dijo...

Ola.
A entrada esta ben e dentro de pouco tamen viñan os bombeiros. Ti tamen tuveches bo valor pa entrar de primeiro. As cores compaxinan moi ben. Gustame moito